Benvidos e benvidas á Torre dos Mouros

28 de Xuño de 2012 5:33 p.m.

Benvidos ao sitio web do Proxecto Arqueolóxico da Torre dos Mouros!

A Torre dos Mouros é un enigmático gran sitio fortificado ubicado sobre a parroquia de Lira (Carnota). As súas dimensións (dúas hectáreas) e as súas defensas diferénciano doutros sitios arqueolóxicos da súa contorna e convírteno nun vizoso e interesante obxecto de investigación para indagar no pasado de Galicia.

A que época pertenceu esta fortaleza que parece pendurada sobre o Océano? De quen se defendían os seus construtores?

Un equipo de arqueólogos e científicos, outro de xornalistas, a comunidade local de Carnota e un grupo de voluntarios están comezando un reto de investigación. Co máximo rigor, pero tamén con ferramentas de divulgación, durante o mes de xullo Lira indagará no seu pasado.

Animámoste a que explores o web, a que te conectes a nós a través del ou das redes sociais e a que te sumes, como usuario, lector ou voluntario, a este fascinante proxecto de investigación científica, divulgación e arqueoloxía pública.