Volven as visitas guiadas á Torre dos Mouros

14 de Agosto de 2012 9:26 a.m.

Malia que o traballo de campo rematara por este ano, a Torre dos Mouros segue aberta. Coñece este xacemento único dentro da arqueoloxía galega da man de membros do propio equipo técnico da escavación.

Cool-Touring continúa a ofrecerte visitas nas que verás “in situ” a impresionante muralla que se limpou este verán, terás unha achega ao xeito de traballar en arqueoloxía e unha visión completa do xacemento… todo por suposto, mentres gozas das mellores vistas sobre a Praia de Carnota e toda a súa contorna.

Así que xa sabes, achégate a Carnota e pasa unha xornada completa de “Mar e Terra”, descansa na praia, visita xacementos arqueolóxicos e homenaxéate cunha caldeirada de peixe

…E que hai que facer?

1) Se queres facer unha visita, contacta con Cool-Touring e concerta unha data.

2) O prezo por persoa é de 6 €.

3) O grupo mínimo para facer a visita é de 6 persoas. Se o grupo é menor de 6 e quere facer a visita deberá pagar igualmente 36 €.

4) Grupos grandes como asociacións contactade con Cool-Touring e informádevos dos descontos.

Contacto:

Telf: 881 998 575 / 666 435 832
Correo: info@cool-touring.com