Xa podes ler as primeiras dúas páxinas da BD oficial da Torre dos Mouros!

23 de Outubro de 2012 9:58 a.m.

Pois con moito orgullo presentámosvos esta primicia: as dúas primeiras páxinas da banda deseñada oficial da Torre dos Mouros, na que está traballando a toda máquina un dos grandes autores da BD galega, Manel Cráneo, e DEMO Editorial. Foron estes meses un tempo de intenso traballo e documentación para dar vida á Carnota do século X, que é onde suceden os feitos que se van contar na BD, e na que se poden visualizar os principais achados arqueolóxicos da campaña 2012 nun contexto humano.

A BD recolle a vida cotiá dos habitantes de Lira e Carnota no século X, e a súa relación, nun momento crítico das súas vidas, coa enorme fortaleza levantada polos seus devanceiros. E ata aquí podemos ler…

Aquí van as primeiras dúas páxinas:

E aquí podes descargar as dúas páxinas en pdf.

A banda deseñada, que conta coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia, será distribuída gratuitamente a todos os nenos de Carnota. Os voluntarios e o equipo técnico que participou no proxecto arqueolóxico tamén recibirán gratuitamente un exemplar personalizado, dedicado persoalmente por Manel Cráneo, en agradecemento pola súa colaboración. En canto a BD estea impresa instrumentalizaremos o procedemento para poder inscribirse e recibila. A BD tamén se poderá adquirir en Carnota e en librarías de toda Galicia.

Neste vídeo podes ver como Manel nos explica o seu traballo e a súa participación no Proxecto Torres dos Mouros. O vídeo gravámolo durante a visita de documentación que realizou ao xacemento.