Onde mercar a BD da Torre dos Mouros

17 de Decembro de 2012 4:26 p.m.

Pois unha vez rematadas as presentacións da banda deseñada da Torre dos Mouros, chega o momento de poñela á venda nas librarías. Nesta páxina colgaremos todos os puntos de venda en Galicia da bd da Torre dos Mouros de Manel Cráneo. Lembrarvos que Demo Editorial tamén puxo á venda un pack da Torre dos Mouros + Os lobos de Moeche (outra bd sobre a época irmandiña do mesmo autor) por 13,50€.

Puntos de venda da BD A Torre dos Mouros

CARNOTA
Pub O Pirata

CEE
Libraría Trazos

SANTIAGO DE COMPOSTELA
Libraría Kómic
Libraría Couceiro

A CORUÑA
(proximamente publicaremos puntos de venda).

Despois das presentacións non nos quedaron moitos exemplares, así que eu de vós non tardaba moito en ir mercalos porque imos esgotar a edición en breve!

Por garantir a difusión polo territorio da bd, se algunha libraría ou local doutra localidade está interesada en dispoñibilizar un punto de venda, pode remitirnos un correo a info@torredosmouros.net para ter información. Podemos enviar packs de 10 exemplares, pero non por moito tempo.