A Torre dos Mouros


Ver mapa más grande

A Torre dos Mouros na actualidade

A Torre dos Mouros é un enorme recinto arqueóloxico ubicado sobre o alto da parroquia de Lira, a máis de trescentos metros de altura sobre o Atlántico, e cun gran dominio visual do arco de Carnota e dos montes de Muros e o Barbanza. Estas terras foron empregadas durante séculos polas comunidades que viviron no sur do arco e, de feito, unha parte do xacemento da Torre dos Mouros foi empregada como canteira, curro gandeiro, estivada e alvariza, tal e como se recollen nas denominacións tradicionais do monte.

De feito, no alto do outeiro pódese apreciar estruturas agrarias modernas consistentes e pequenos valados de pedra, constituídos por unha fiada de pedra e cunha altura de media de 0.5 m. Porén estas estruturas están sustentadas sobre outras de maior dimensión que configuran a xacida e que determinan un recinto fortiificado de enormes dimensións.

O carácter de arqueolóxico desta xacida ven das súas características como fortificación:


A doble muralla da Torre dos Mouros


Detalles construtivos na Torre dos Mouros

1. O perímetro está delimitado por unha muralla segmentada de traza rectilínea e caixa cuadrangular, con parello dispar sen aglutinante. Ten unha lonxitude de 574 m, e delimita unha superficie de 2 ha. Observamos traballos de rebaixe canteiro (non de extracción) destinados a facilitar a cimentación e a regularidade da traza.

2. Utilízase os afloramentos rochosos como defensa natural, de facto, os lenzos de muralla van pechando as aberturas entre eles.

3. A fortificación ten dous recintos:

- Un primeiro (B) diáfano sobre unha pequena chá, a carón do aceso e de fácil aproveitamento de 5500 m2. Na parte traseira entre dous lenzos murais insinúase un pequeno aterrazamento (E)

- Un segundo (C), retirado sobre un rochedo, cuxa protección natural é reforzada por unha muralla interior onde se suaviza a pendente do rochedo. Podemos consideralo como un reduto defensivo de última instancia, pese aos seus 5000 m2 superficie útil é moi reducida. No sector norte, a carón dos lenzos murais observamos vexetación e terra que insinúa un outro aterrazamento (D)

4. O aceso está orientado para U oeste (A). Trátase dun pasadelo rectilíneo que se xera pola interrupción da muralla. Se observan grandes cantidades de pedra que puideran corresponderse con algunha torre, o todo o cal dota dunha singular monumentalidade. Neste panoram podes explorar o acceso W ao recinto. Con todo, aínda non sabemos se este acceso é posterior ou é parte da construción orixinal da fortificación.

5. O contexto das ortofotos de 1956 e do sixpac suxiren a presenza dunha estrutura delimitadora de forma regular, que non parece corresponderse con estruturas agrarias modernas. O enigmático acceso oeste xa se aprecia tamén nestas fotos.