Calendario

CALENDARIO DE ACTIVIDADES DO PROXECTO ARQUEOLÓXICO TORRE DOS MOUROS

VISITAS AO XACEMENTO

Sábados e domingos de xullo, de 10 a 18 horas, o xacemento está aberto ao público.
Visita guiada, todos os sábados e domingos, ás 12:00 h. (duración: 45»)

BARFERENCIAS

Conferencias informais e divertidas sobre a prehistoria de Galicia, sempre cun punto de partida carnotán.

Sábado 21 de xullo, 11:30h:
Torre dos Mouros (Lira)
Excursión para nenos
Os nenos de Carnota poderán participar nunha excursión á Torre dos Mouros na que gozarán de unha actuación da contacontos Soledad Felloza e de unha visita guiada á fortaleza por parte de Xosé Gago, de Cool Touring. Para máis información consultar na área de Cultura e Deporte.

Sábado 21 de xullo, 20:30h:
Salón de actos do concello (Carnota)
Presentación do libro «Herdeiros pola forza»
Xurxo Ayán (arqueólogo do INCIPIT-CSIC) e Manuel Gago (xornalista e profesor da Universidade de Santiago)
Herdeiros pola Forza é un ensaio que reivindica o papel dos cidadáns na xestión e preservación do inmenso patrimonio cultural galego. En só catro meses de edición, Herdeiros pola Forza leva tres reimpresións.

Venres 27 de xullo, 20:30h:
Bar O Pirata (Caldebarcos)
A ameaza do Océano: 800 anos de piratería na Costa da Morte
Manuel Gago (xornalista e profesor da USC)

Sábado 28 de xullo, 20:30h:
Bar Illa (Lira)
Que fai un castrexo coma ti nun sitio como este? Rarezas e curiosidades da Idade do Ferro galega
Alfredo González Ruibal (arqueólogo do INCIPIT-CSIC)
Alfredo González Ruibal é un dos maiores especialistas na Idade do Ferro do noroeste da Península Ibérica.

Os obradoiros infantís

Asímesmo, no campamento de verán de Carnota, arqueólogos e restauradores do Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC impartirán obradoiros de arenoglifos (13 de xullo) e cerámica castrexa (20 de xullo). Nos obradoiros de arenoglifos, os nenos aprenderán a coñecer os principais motivos da arte rupestre galega e, especialmente, a de Carnota. No obradoiro de cerámica castrexa, os rapaces aprenden a facer cerámicas ao estilo das da Idade do Ferro, que se facían en castros do concello como Mallou. Se queres que os teus fillos participen nos obradoiros, tes que chamar ao concello de Carnota (981 85 70 32) e pedir que te pasen co Deaprtamento de Cultura e Deporte.